DSC_0065
DSC_0065
DSC_0065
DSC_0065
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow

Eventos

Estás a preparar unha festa especial? Un aniversario, unha voda, un bautizo, unha comuñón… Ou pensando en facer o detalle perfecto para alguén moi especial? En LamasDulce axudámosche a crear a galleta ideal. As nosas galletas son artesás, elaboradas unha a unha adaptándoas ás túas necesidades.

En Lamasdulce temos a galleta perfecta para ti… e se non a temos, creámola seguindo as túas indicacións !

Vodas

Casas? Convidáronte a unha voda e queres facer un agasallo doce, orixinal e sorprendente? Ponte en contacto connosco e xuntos deseñaremos ese detalle personalizado que non poderán esquecer !

Por suposto non pode faltar unha das nosas galletas personalizadas no evento para os convidados máis lambóns….

No apartado de vodas da nosa web poderás ver o noso amplo catálogo, e lembra que sempre podemos deseñar uns para ti. apartado vodas.

Bautizos

Tes o bautizo do teu fill@ ou dalgún familiar ou amig@ ?

Pois por suposto non pode faltar unha das nosas galletas personalizadas no evento para os convidados máis lambóns….

Visita a sección bautizos para atopar parte do noso catálogo do que dispoñemos, e se non atopas o que buscas podemos deseñalo xuntos. sección bautizos.

Comuñóns

Queres que a túa mesa doce sexa diferente? Podemos convertela en espectacular grazas ás nosas galletas personalizadas. Só dinos a temática e adaptaremos as galletas ao evento.

Queres agasallarlle aos convidados un recordatorio en forma de galleta?

Bótalle unha ollada ós exemplos dos que dispoñemos na zona de comuñons, e se nada che coincide adaptarémolo para ti.

Cumpleanos

Podemos facer que os teus aniversarios sexan inesquecibles. Como? Ofrecendo aos teus convidados un detalle personalizado da túa festa.

Podes ver algúns dos que xa temos deseñados aquí.

Graduacións

Programacións, exames, correccións… e por fin chega o fin de curso e con elas as graduacións !! Sabemos que ano tras ano vos envorcades con estas celebracións vo voso alumnado… E por que non poñerlle un toque doce e completamente personalizado?

Dende Lamasdulce pensamos en todo e podes ver a continuación algúns dos exemplos que vos amosamos aquí.